Encontro correspondente á xornada 20 da liga preferente sur onde os de Vincios xogaron ante o SD Abetos unha primeira metade case perfecta. Transcorrían os minutos con innumerables ocasións para irse ao descanso con un marcador máis favorable, pero a realidade foi o 1-0 co que se chegou.
Xa na segunda metade o Cereixa estivo máis acertado de cara a portería e foron caendo os goles conforme foi avanzando o partido ata alcanzar o 6-2 final. Agora toca pensar na próxima saída e intentar seguir sumando pra acercarse os postos de cabeza.
Os goles do Coperfi Cereixa Gondomar FS foron obra de Gaby (2), Rubén, Abraham, Hugo e Sequito.

