O Concello de Gondomar xa quenta motores para gozar do Entroido, cun programa pensado para grandes e cativos aos que invitan a vestir os seus mellores disfraces e sumarse á festa na localidade. A programación comezará este xoves, día 20 de febreiro, co Concerto de Entroido do Conservatorio Municipal, ás 19:00 horas no Auditorio Lois Tobío. O venres 21, ás 11:00 horas, terá lugar o Desfile de Comparsas Escolares, e o domingo 23, desde as 16:00 horas, o Desfile de Comparsas de Entroido, que percorrerán as principais rúas do casco urbano. O luns 24 haberá unha Festa Infantil de Inchables no Pavillón Municipal a partir das 16:30 horas, e o martes 25 unha Festa Infantil con desfile e obradoiros de Entroido no Auditorio Lois Tobío desde as 16:30 horas. Tamén o martes, recupérase a celebración da Verbena de Entroido, que comezará ás 21:00 horas na Praza da Paradela amenizada por Claxxon e na que se entregarán os premios aos gañadores do Concurso de Comparsas do domingo (ás 23:00 horas). O Enterro da Sardiña pechará a programación o mércores 26 de febreiro, con saída ás 18:00 horas desde o Auditorio Lois Tobío.
Artículos relacionados
O IES Auga da Laxe promove os concertos Música na Praza en Gondomar
Este domingo 14 de maio, a partir das 13:00 horas, terá lugar na Praza Rosalía de Castro de Gondomar o primeiro dos dous concertos organizados polo IES Auga da Laxe dentro do ciclo Música na […]
O festival Solpor regresa ao miradoiro de Monteferro coas mellores bandas da comarca
O Concello de Nigrán regresa ao mellor escenario do mundo, o miradoiro de Monteferro, para abrir a programación de verán coa quinta edición do festival Solpor os días 2 e 3 de xullo tras o […]
Podemos Gondomar mostra todo o seu apoio á Plataforma de Afectados polo Polígono de Garrida-A Pasaxe
A agrupación local de Podemos en Gondomar quere mostrar todo o seu apoio á Plataforma de Afectados polo Polígono de Garrida-A Pasaxe ante as declaracións vertidas polo Alcalde, Francisco Ferreira, nas que ameaza con tomar […]