Pleno de vitorias para o Laroca na terceira xornada da liga galega de xadrez

O pasado sábado celebrouse a terceira xornada da liga galega de xadrez, na que o Laroca conseguiu un pleno de vitorias nos seus encontros.

Na primeira división no grupo C o equipo do Laroca A venceu ao equipo Universitario de Ourense A por 3,5-0,5, con vitorias de Artai, Tino, Sergio e táboas de Patricio, que ascendía do equipo Laroca B de segunda división. Con esta vitoria sitúase no quinto posto da clasificación. O vindeiro fin de semana desprazaranse ao Barco de Valdeorras para enfrontarse ao Xadrez Valdeorras A.

Na segunda división, o Laroca B gañou por 1-3 no seu desprazamento a Vigo ante o equipo da Once. Os tantos foron conseguidos por Avelino, Agustín e Alberto, que ascendía do equipo de Laroca C de terceira división. Con esta vitoria sitúase na segunda posición da clasificación. A próxima xornada enfrontaranse na sede de Mallón ao Chiringo Contos Tui.

Nesta mesma categoría o Laroca Mallón IES Auga da Laxe gañou por 2,5 – 1,5 ante o Villa de Bouzas A, puntos conseguidos por Mauro e Guillermo e as táboas de Ricardo. Con este resultado sitúase na sexta posición da clasificación. A vindeira xornada desprázase a Mos para enfrontarse ao Xadrez Mos C.

Na terceira división o Laroca C gañou por 1-3 no seu desprazamento a Valadares para enfrontarse ao CVC Valadares Monte dos Pozos, puntos conseguidos por Antonio, Dani e Rafa. Con esta vitoria sitúanse na cuarta posición da clasificación. A vindeira xornada xogarán no local de Cotros ante o Xadrez Mos H.

Neste mesmo grupo o Laroca D impúxose na sede de Nigrán ao Lucena Talentos por 3-1 con puntos conseguidos por Osian, Diego e José Manuel. Con este resultado os laroqueiros sitúanse na quinta posición da clasificación. A vindeira xornada desprazarase a Vigo para enfrontarse ao Lucena Feminino.

Anuncios