Conferencia sobre a rendibilidade empresarial a través do capital humano en Baiona

A empresa PHI Progreso Humano Integral, coa colaboración do Concello de Baiona, ofrecerá unha conferencia dirixida aos empresarios do municipio sobre a rendibilidade empresarial a través do capital humano. Philippe Vieira falará das claves para favorecer o progreso económico de cada empresa potenciando de forma real o valor do humano. A conferencia será o xoves 6 de febreiro ás 20:00 horas no Auditorio do Multiusos Ángel Bedriñana de Baiona (Carabela Pinta, 11).