Continúa a Mostra de Teatro Afeccionado do Val Miñor e Oia

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

Esta fin de semana continúa no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar a Mostra de Teatro Afeccionado do Val Miñor e Oia, organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns coa colaboración dos Concellos do Val Miñor. O sábado 1 de febreiro ás 20:00 horas, O mellor de cada casa de Viladesuso representará “Movida no convento”, e o domingo, 2 de febreiro, ás 18:00 horas, será a quenda de A moura teatro de Chaín, coa obra “Un día de pesadelo”. A entrada será libre ata completar aforo.

Anuncios