Nigrán aproba a bonificación do 95% no IBI a seis entidades

FOTO: CRC O TORREIRO DE PRIEGUE

O goberno de Nigrán aprobou no pleno celebrado hoxe co voto a favor do PP a declaración de interese ou utilidade municipal de seis entidades socio culturais que solicitaron por rexistro unha bonificación do 95% do Imposto de Bens Inmobles (máxima rebaixa permitida por lei e aprobada polo goberno de Nigrán no 2016). Con esta declaración, o CRC “O Torreiro” de Priegue, a Asociación Cultural As Angustias, o Centro Cultural y Deportivo Bolos da Carrasca, a A.V.A.C A Unión de San Pedro da Ramallosa, Asociación de Veciños A Camoesa e a Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva “O Castro” verán rebaixado o seu recibo en preto de 1.300 euros ao ano.

Anuncios