Concentración na Ramallosa polo asasinato machista da Pastoriza

Os colectivos Area Loura e Co-mando Ghichas convocan novamente unha concentración na Ramallosa o martes 28 ás 20:00 horas polo asasinato no concello da Pastoriza de Manuela a mans do seu home, que posteriormente suicidouse.

Con Manuela son xa 62 as mulleres asasinadas en Galicia a mans das súas parellas ou ex parellas dende que comezaron a contabilizarse oficialmente no ano 2003, datos que esquecen a todas as que o foron por homes cos que non tiñan un vínculo sentimental.

Con estas concentracións queren algo máis que visibilizar e condenar os asasinatos machistas e amosar a súa dor, tamén esixir que se tomen medidas contundentes tanto no eido da educación e a concienciación como na revisión dun sistema de protección ás vítimas claramente ineficaz .

Anuncios