Sae a concurso a cesión da cafetería do Centro Cultural de Mañufe

A Comunidade de Montes en Man Común de Mañufe anuncia a cesión de uso do local da cafetería do Centro Cultural, que quedará libre a partir do día 1 de marzo, polo que se abre o prazo de presentación de plicas ata o 15 de febreiro. As plicas poderán recollerse no local da cafetería en horario de 12:00 a 22:00 horas, e poderán presentarse ata as 12:00 horas do día 15 de febreiro, no propio local da cafetería ou a calquera membro da xunta directiva. A apertura das mesmas farase a continuación. Para calquera consulta os interesados poden chamar aos teléfonos 639 828 384 (presidente) ou 660 086 446 (secretario).

Anuncios