Podemos Nigrán e Baiona piden a eliminación de barreiras e mellora da accesibilidade

Podemos Nigrán e Podemos Baiona veñen de presentar unha moción na que solicitan aos seus respectivos Concellos a que insten á Xunta á eliminación das diferentes barreiras e á mellora da accesibilidade.

Entre os acordos, solicitan:
– A reformulación do sistema de quendas para ser atendido en calquera das administracións públicas das inmediacións (INEM, Seguridade Social…).
– A proporción de información ás persoas traballadoras do Concello para a detección de situacións de discriminación á hora de seren atendidas as persoas con discapacidade.
– A creación, pasados 5 anos, dun informe dos plans de actuación da adaptación dos espazos e vías públicas.

Con todo isto, espérase que a longo prazo sexan diminuídas as diferentes barreiras de accesibilidade, arquitectónicas, de comunicación e actitudinais.

2020-01-17 - IMG-20200117-WA0000-002

Anuncios