Baiona abre o prazo de solicitudes para participar no Real Mercado Medieval da Arribada

Dende este martes 14 de xaneiro ata o 4 de febreiro ambos inclusive, estará aberto o prazo de inscricións para participar no Real Mercado Medieval da Arribada 2020.

Todas aquelas persoas que o desexen poderán solicitar posto de venda no Real Mercado Medieval que este ano cumpre a súa 25 Edición e na que se conmemora o 527 Aniversario da Arribada. A Festa celebrarase o 28 e 29 de febreiro e 1 de marzo de 2020, sendo o venres 28 de febreiro festivo local en Baiona. Poderanse descargar tanto as bases Reguladoras como a solicitude e os Anexos I e II na páxina web do Concello a partir do martes 14 de xaneiro. Así mesmo, para dúbidas e aclaracións habilitarase o seguinte teléfono de consultas 617 447 279 de luns a sábado en horario de mañá de 8:30 a 12:30 horas e polas tardes de luns a venres en horario de 16:00 a 19:00 horas. Para máis información xeral da festa poñerse en contacto co Departamento de Cultura de Baiona no teléfono 986 385 921.

A organización da festa poñerá a disposición dos artesáns, 70 tenderetes do Concello, que serán sorteados de entre todas as solicitudes, o sábado 8 de febreiro ás 11:00 horas no Salón de Plenos e posteriormente colocados e numerados nas rúas peonís do recinto histórico medieval da Arribada. Ademais da adxudicación dos postos de establecementos e gremios da vila, así como dos postos propios que o soliciten formalmente.

A organización da festa xa está traballando para que o 527 Aniversario da Arribada conmemórese como se merece, por todo o alto.

Anuncios