Este sábado, 11 de xaneiro, organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns e coa colaboración do Concello de Gondomar, comeza no Auditorio Municipal Lois Tobío unha nova edición da Mostra de Teatro Afeccionado do Val Miñor e Oia que, desde este sábado ata o domingo 9 de febreiro ten programadas dez pezas doutros tantos grupos afeccionados do Val Miñor e Oia.
Programa:
SÁBADO 11 de xaneiro, ás 20:00 h
“O GALEGO, A MULATA E O NEGRO” representado polo grupo Bertorella teatro, de Gondomar.
DOMINGO 12 de xaneiro, ás 18:00 h
“PEQUENO RETABLO” representado polo grupo Non Si? Teatro, de Baiona.
SÁBADO 18 de xaneiro, ás 20:00 h
“LUME” representado por Teatro do ar, de Nigrán.
DOMINGO 19 de xaneiro, ás 18:00 h
“AS APARIENCIAS ENGANAN” representado por A xesta vermella, de Borreiros.
SÁBADO 25 de xaneiro, ás 20:00 h
“CÓNCAVO CONVEXO” representado por Vichelocrego teatro, de Gondomar.
DOMINGO 26 de xaneiro, ás 17:00 h
“O MERLO BRANCO” representado por Os cabalos rosas brincan no patín, grupo infantil de Viladesuso.
SÁBADO 1 de febreiro, ás 20:00 h
“MOVIDA NO CONVENTO” representado por O mellor de cada casa, de Viladesuso.
DOMINGO 2 de febreiro, ás 18:00 h
“UN DÍA DE PESADELO” representado por A moura teatro, de Chaín.
SÁBADO 8 de febreiro, ás 20:00 h
“QUEN DIXO MEDO?” representado por Arredemo teatro/Aula de teatro de Gondomar.
DOMINGO 9 de febreiro, ás 18:00 h
“ROSA INTENSO TIRANDO A ROJO BERMELLÓN” representado por Pritis guomis/aula de teatro de Gondomar.

