Concello de Nigrán e Afaga desenvolven un programa de prevención da deterioración cognitiva

Ademais das actividades para maiores no Centro da 3ª Idade de A Ramallosa ou no CEIP Humberto Juanes, o Concello de Nigrán quere descentralizar os seus programas coas persoas maiores nas parroquias máis afastadas dos centros urbanos e por elo iniciará o 22 de xaneiro un programa de prevención do deterioración e envellecemento activo en Chandebrito que, si ten boa acollida, implantará noutras parroquias como Parada, Priegue ou Camos. O programa lévase a cabo en colaboración coa Asociación de Veciños “O Castro” e se impartirá no seu local social. O prazo de inscrición está aberto dende o 7 ao 14 de xaneiro tanto no Concello como no local veciñal.

O obradoiro “Cultiva a mente” impartirase os mércores de 18:00 a 20:00 horas e traballará sobre técnicas de memoria e aprendizaxe, consellos saudables para o teu cerebro ou fomento da socialización e emocións positivas. “Cos dous días de atención xa dende hai 3 anos no Centro de Alzheimer de Panxón, co inicio da nova actividade en Chandebrito e cos xa implantados Cursos de Memoria, Vivir o Corpo e Informática para 3ª Idade na Ramallosa e Ximnasia para maiores en Vilameán, Nigrán ratifica o seu compromiso coas persoas maiores e con aquelas que sofren Alzheimer e outras demencias”, declara Juan González.