Chandebrito inaugura este sábado a escultura “Rexurdimento”

Concello de Nigrán, Comunidade de Montes de Chandebrito e Asociación de Veciños “O Castro” inauguran mañá sábado 4 de xaneiro dende as 11:30 horas ao carón do “Bosque da Memoria” a peza realizada polo colectivo “Arte no Queimado’ con motivo do segundo aniversario dos incendios na parroquia e que leva por título “Rexurdimento”.

Baixo a dirección de Remigio Davila, os escultores Rosendo González e Juan Coruxo elaboraron a partir de cachos de madeira calcinados aportados pola veciñanza uns pulmóns de 3 metros de altura dos que brota unha árbore. Os artistas quixeron deste xeito expresar a gran catástrofe medioambiental que supuxo o lume pero tamén a oportunidade que brindou para construír un futuro en harmonía coa natureza. Unha placa cun texto reflexiona precisamente sobre estes aspectos.

A escultura foi ubicada nun punto simétrico co Castro de Chandebrito, con vistas panorámica cara a ría de Vigo e ao carón do coñecido xa como “Bosque da Memoria”, onde precisamente figura unha escultura deste colectivo realizada con motivo do primeiro aniversario e que representa a un home cun caldeiro tratando de apagalo, símbolo da loita da veciñanza.

Tratarse dun acto sinxelo que comenzará ás 11:30 horas no que descubrirase un texto de Remigio Davila que fai referencia á traxedia de outubro de 2017 e unha placa ao pé da escultura, farase unha pequena camiñata dende este punto, ao Bosque da Memoria, ao Banco do Encontro e ás excavacións do Castro de Chandebrito, o que crea un espazo cultural único. Finalizará cun viño de felicitación de inicio do ano no bar Tenda D’Arriba.

Anuncios