Nigrán coloca unha placa polo 25 aniversario de AFAGA

Na mañá deste venres celebrouse en Nigrán un encontro interxeracional entre os nenos da Ludoteca Municipal e as persoas maiores de AFAGA, que rematou coa colocación dunha placa nos xardíns do Concello. Concello de Nigrán e AFAGA continúan así un camiño que empezaron fai 4 anos coa creación do primeiro Centro de atención a persoas con Alzehimer. “O noso compromiso coas persoas con Alzehimer continúa e para 2020 ampliaremos o horario do noso centro e iniciaremos un novo proxecto “Cultiva a mente” que se realizará en Chandebrito dende xaneiro”, declara Juan González, Alcalde de Nigrán

Para a Vicepresidenta de AFAGA, Marie Isabelle Prado, “esta placa simboliza o compromiso do Concello de Nigrán coas persoas con Alzheimer e con AFAGA, quen leva traballando como di o lema do noso 25 aniversario “o carón” das persoas con Alzheimer e con demencias e os seus familiares”.

Hai 4 anos, este Concello sumouse a este compromiso poñendo en marcha da man de AFAGA un proxecto de estimulación cognitiva, compromiso que se plasmou este ano no acordo de realización dun programa de prevención cuxo título é “Cultiva a mente” así como a ampliación de 1 día máis dos talleres que actualmente teñen en Nigrán.

“Todo isto foi posible grazas ao compromiso do Concello de Nigrán personalizado na figura do seu Alcalde Juan ao que nos une unha excelente relación porque é unha persoa que vén desde o compromiso social. Traballou nunha entidade do terceiro sector e entende moi ben o importante que son as persoas”, destacou Prado.

“Ademais destes novos proxectos que imos poñer en marcha xa, xa se suman outros máis ambiciosos que pretendemos, ao longo desta lexislatura, poder desenvolver en Nigrán e nos que estamos a traballar xa co Concello. Desde o corazón, unha vez máis en nome de AFAGA, moitas grazas por este bonito acto”, concluíu a Vicepresidenta da entidade.

2019-12-27 - AFAGA LUDOTECA 2

Anuncios