110 nenos e maiores de Nigrán visitan o parque de Nadal “Perlim”

110 nenos e maiores de Nigrán visitan durante todo o día de hoxe o parque temático de Nadal “Perlim”, situado en Santa María da Feira, Portugal), nunha excursión organizada polo Concello. Ás 10:30 da mañá saíron en autobús desde a Casa Consistorial, con regreso previsto ás 22:30 horas.

Perlim ofrece 24 días de animación, música, teatros musicais e de gran formato, actividades lúdicas e pedagóxicas… e este ano vístese coas 7 cores do Arco-Iris. Por primeira vez na historia deste proxecto é asumida unha temática transversal a todas as plataformas, espectáculos e áreas temáticas.

Perlim naceu hai once anos, dando unha nova vida á Quinta do Castelo, e precisamente cunha profunda revitalización deste espazo verde da cidade que en 2019 os visitantes encontrarán un lugar completamente renovado, nunha área que continúa a preservar as súas características centenarias únicas.

Para vivir en familia ou en grupo, Perlim é o maior parque temático de Nadal de Portugal e presenta nesta edición un estratéxico reforzo dos contidos 100% orixinais a que ten habituado os máis fieis seguidores.

Anuncios