Papanoeles sobre dúas rodas no Val Miñor

O tempo deu este domingo unha tregua e finalmente púidose celebrar a XII edición da Ruta Motera de Papanoeles do Val Miñor, organizada pola Peña Moteira “Os Rillasepas” xunto coa Concellería de Cultura de Gondomar e a colaboración dos Concellos de Nigrán e Baiona e a Deputación de Pontevedra.

Despois de concentrarse na Praza de San Bieito, en Gondomar, os aproximadamente 1.000 moteiros ataviados de Papá Noel -segundo as estimacións da organización- comezaron o roteiro polos municipios do Val Miñor, pasando por Nigrán, Patos, Panxón, Praia América, A Ramallosa, Sabarís e Baiona, repartindo ao seu paso caramelos para os máis pequenos. Ao seu regreso a Gondomar, os participantes puideron gozar dun chocolate con rosquillas no Cristaleiro.

Ademais, o roteiro é solidario, xa que se recollen alimentos non perecedoiros no punto de quedada, que serán repartidos polo Concello de Gondomar, a través da Concellería de Servizos Sociais, entre as familias máis necesitadas no municipio.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios