
Fai 15 días que o CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios iniciou a recollida de alimentos e xoguetes. Como todo os anos, o alumnado e o persoal do centro colaboran na Operación Quilo e, nesta ocasión, conseguiron 300 quilos de alimentos e moitos xoguetes. A cambio, os rapaces podían escoller un libro pola súa doazón, de maneira que todos saían gañando. Un graniño de area para todas as familias que o necesiten neste concello. Hoxe acudiron representantes do goberno municipal a recoller os alimentos de mans de tres alumnas de 1º e 2º de Primaria.