Exposición de Xandro Penedo na Cafetería do Centro Cultural de Baíña

A Cafetería do Centro Cultural de Baíña acolle ata o 20 de xaneiro unha exposición da obra de Xandro Penedo, veciño que xa expuxo noutros lugares pero sempre fóra da parroquia. Esta iniciativa enmárcase na campaña para darlle valor aos veciños de Baíña. Desde hai uns meses veñen organizando charlas de distintos novos de moita valía e con traballos de gran calidade. Os primeiros 20 días expoñeranse só as obras a carboncillo lapis e a partir de xaneiro expoñeranse obras en óleo.

Fin de semana cargada de eventos

Ademais, a próxima fin de semana estará cargada de eventos de diferente temática e con gustos para todas as idades. O venres Bingo organizado polo Baíña Fútbol Sala ás 22:00 horas; o sábado presentación da actividade de “debuxo e ilustración” ás 11:00 horas (máis información sobre este curso no teléfono 644 860 260); a tarde do sábado é para os máis pequenos coa obra de teatro “O Apalpador” de Barafunda ás 18:00 horas; e o domingo a partir das 18:00 horas terán a inauguración da decoración de Nadal da cafetería con música en directo a cargo de Samuel Carmona e algunhas “delicatessen” de Venezuela.

Anuncios