Sardiñada no Centro Cultural de Borreiros

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Asociación de Veciños San Martiño de Borreiros organiza este sábado 29 de xuño a partir das 21:30 horas unha sardiñada no Centro Cultural de Borreiros. Haberá sardiñas, pan e viño para todos, e gratis para os socios. Tamén choripán e empanada á venta.