Baiona inaugura o seu Belén no hall do consistorio

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e a concelleira de Cultura, Miriam Costas, inauguraron esta mañá o Belén que alberga o Hall do Concello.

Gómez fixo fincapé en que este Belén levouse a cabo grazas ao traballo realizado por dous veciños deste municipio, en concreto por Kike Chamorro e Juan Santos. Grazas á súa implicación desinteresada todos os veciños e visitantes poderán gozar desta singular maqueta nestas datas tan entrañables.

Ademais explicou que está composto por máis de 150 figuras tradicionais do Belén, das que 22 atópanse en movemento, e ocupa un espazo de aproximadamente 10 metros cadrados, no que os asistentes poderán contemplar distintos episodios do nacemento do Neno Xesús.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura indicou que a apertura deste Belén é unha das múltiples actividades do Nadal que o Concello organizará ao longo destas datas, e que se trata de “gozar da maxia do Nadal, que nos guastaría compartila con quen vén a visitarnos”.

Cabe destacar que o Belén abrirá as súas portas de luns a venres en horario de 8:00 a 20:00 horas.