O presidente do Círculo Social Valle Miñor de Bos Aires visita Baiona, Gondomar e Nigrán

Este fin de semana visitou a comarca o presidente do Círculo Social Valle Miñor de Bos Aires, Alberto Lloret, xunto a súa dona Mirta. O venres foi recibido polo alcalde de Nigrán, Juan González, durante a festa de inauguración do alumeado de Nadal celebrada na Praza do Concello.

O sábado pola mañá, acompañado da xunta directiva da Federación Galega de Bolos, Isidro Costas e Jose Rodríguez, foi recibido no Concello de Baiona polo seu alcalde, Carlos Gómez, e o concelleiro Óscar Martínez.

Pola tarde, acompañado polo vice presidente da Federación Galega de Bolos, foi recibido en Gondomar polo alcalde Paco Ferreira e os concelleiros Juan Rodríguez, José Manuel Chamorro e Rocío Goberna, xunto o vicepresidente da Entidade Local Menor de Morgadáns.

Os alcaldes, así como o presidente do Valle Miñor, intercambiaron agasallos e regalos. Para o próximo mércores en Gondomar quedaron citados para a proxección dun avance dunha próxima curtametraxe referida á emigración de gondomareños no Río da Prata (Arxentina e Uruguai).

 

Anuncios