Baiona pulsa o interruptor do Nadal

A Praza do Concello de Baiona acolleu este xoves o acto de inauguración da iluminación de Nadal, no que participou o alcalde, Carlos Gómez, a concelleira de Cultura, Miriam Costas, o presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona, Marcos Comesaña, e membros do goberno local. Antes do aceso oficial, os centenares de asistentes que abarrotaron o recinto puideron gozar dunha gran tirada de fogos de lucería, e ao finalizar, dun chocolate quente. Ademais, para os máis pequenos houbo obradoiros infantís durante toda a tarde. A principal novidade na vila é a bóla de luz instalada en Carabela Pinta.

Anuncios