Curso de fotografía na Ramallosa

A Asociación de Veciños A Unión de San Pedro da Ramallosa organiza un curso de fotografía nivel II. A formación abordará técnicas de iluminación, composición, edición, dinámica de traballo… e incluirá saídas fotográficas (longa exposición, nocturnas, estelares, etc.). Ao finalizar realizarase unha exposición coas fotografías dos alumnos e alumnas. O prezo do curso, de dúas horas semanais, é de 25 euros. Máis información no teléfono 698 17 18 43.

Anuncios