Os Rillasepas xa teñen data para a XII Ruta Motera de Papanoeles

A Peña Motera “Os Rillasepas”, xunto coa Concellería de Cultura de Gondomar e a colaboración dos Concellos de Nigrán e Baiona e a Deputación de Pontevedra, organiza o vindeiro domingo 22 de decembro a XII Ruta Motera de Papanoeles. Uns 3.000 moteiros ataviados de Papa Noel participaron na anterior edición do evento.

Sairá ás 16:00 horas desde o centro de Gondomar, fronte ao Cristaleiro, dirección Nigrán (17:00), Patos (17:15), Baiona (17:45), Ramallosa (18:00) e volta a Gondomar, aproximadamente ás 18:30 horas. Para participar é imprescindible o traxe de Papanoel e unha actitude cívica.

Ao longo do percorrido repartiranse caramelos, que serán facilitados pola organización, e ao finalizar, haberá unha chocolatada con rosquillas para todos os moteiros no Cristaleiro.

Recollida de alimentos

Como é habitual, ademais recolleranse alimentos non perecedoiros no punto de quedada, que serán recollidos polo Concello de Gondomar.

Anuncios