Reparto de puntos entre o AD Vincios e o ASSSA Alacante TM

FOTO: AD VINCIOS // Martín Pintos.

O partido desta xornada entre o AD Vincios Gondomar, sexto clasificado, e o ASSSA Alacante TM, penúltimo, evidencia a igualdade existente na liga de Superdivisión, cun aumento do nivel da competición respecto ao ano anterior, con resultados sorpresa e moita igualdade no xogo.

O partido empezou coa resultado sorpresa da xornada, a vitoria do xogador sub23 español Raúl Moreno, que con moi boa actitude e bo xogo foi capaz de impoñerse 3-0 (11-7, 11-9 e 11-4) ante un sorprendido André Silva que nunca se atopou cómodo no partido. Coa derrota de Martín Pintos ante Alberto Lillo por 3-1 facía que o partido pintase moi mal para o Vincios, cun 2-0 abaixo no global do marcador. No terceiro encontro Zhao Tianming volveu meter ao seu equipo no xogo, ao derrotar claramente ao ruso do Alacante Artem Zimarim por 3-0 (11-4, 11-1 e 11-6)

As seguintes vitorias de André sobre Lillo por 3-0 e de Zhao sobre Raúl por 3-1, a priori favoritos de ambos encontros devolvían o sorriso á afección gondomaresa, deixando o resutado final do partido ao encontro entre Martín e Artem. O comezo pouco centrado e nervioso de Martín deron vantaxe a Artem para adiantarse nos dous primeiros sets por 11-6 e 11-4, tras os que se produciu a reacción do xogador local con parciais ao seu favor 9-11 e 11-13, que igualaban o encontro. Os último sets foi para Artem por 11-6, o que lle daba a vitoria no encontro e supoñía a repartición de puntos ao igualar a marcadora 3-3.

Anuncios