O Grupo S4 dá a benvida ao Nadal cunha festa temática na súa sede de Gondomar

A sede de S4 Asesores e Consultores en Gondomar acolleu o pasado venres pola tarde unha festa temática para dar a benvida ao Nadal. Fillos/as, netos/as, sobriños/as e demais familiares e amigos/as dos membros do equipo do Grupo S4, deron renda solta á súa imaxinación decorando a oficina non só coa tradicional árbore, senón que tamén puxeron en marcha o tren de Papá Noel e plasmaron, a través de debuxos, os seus mellores desexos para o próximo ano. Tal e como indica Rosa Hermida, Directora da Oficina de S4 Asesores e Consultores en Gondomar, “o Nadal sempre é unha data para celebrar e máis se se ten preto aos máis pequenos. Contáxianche a ilusión e a maxia propias da data e, por iso, decidimos este ano celebrar xunto a eles o inicio desta festividade”.

A Festa comezou ás 17:00 horas coa recepción das familias e continuou coa montaxe de todos os elementos decorativos, o que requiriu unha gran coordinación entre adultos e nenos/as, “poñendo en valor a importancia do traballo en equipo para adquirir os mellores resultados”, comentaba Alfredo Blanco, Director Xeral do Grupo S4. E é que todos os asistentes tomaron decisións relativas á orde, combinación de cores, colocación de luces e disposición das figuras, debatendo sobre as mellores opcións para gozar do mellor resultado.

A actividade, que se enmarca dentro da política de Responsabilidade Social Corporativa planificada para o ano 2019, estivo acompañada dun chocolate quente e pastas, xogos en familia e música do Nadal.

2019-11-29 - Los ni´ños y niñas asistentes montaron el arbol y demás decoración navid...

Anuncios