Cae o AD Vincios diante do Visit Pontevedra

No derbi pontevedrés do tenis de mesa, o AD Vincios Gondomar caeu na súa casa diante do Visit Pontevedra. A escuadra local xogou con Martín Pintos, André Silva e Dmytro Pysar, mentres que o Visit Pontevedra presentou a Horacio Cifuentes, Martín Betancor e Nicolás Galvano, os tres xogadores da selección arxentina, pero dous deles dobre nacionalidade.

O primeiro encontro disputárono Martín Pintos e Nicolás Galvano, onde a experiencia do arxentino impúxose por 3-1 ante a irregularidade no xogo de Martín, con parciais 11-9, 8-11, 11-2 e 11-7 para Galvano. Por idéntico resultado superou Horacio a Dmytro, pois o gran momento de forma que atravesa fai moi difícil poder superarlle, e con parciais 11-4, 11-5, 9-11 e 11-5 decantou un resultado de 2-0 para o Visit Pontevedra. No terceiro encontro André venceu 3-1 a Martín Betancor, deixando en 2-1 o resultado no ecuador do encontro.

O encontro decisivo enfrontou a Pysar con Galvano, que cun arranque moi forte gañou por 11-4 o primeiro set. O segundo set foi moi disputado, caendo ao lado de Pysar por 17-15, para a partir de aí empezar a impoñerse o xogo de Galvano, que a base de loita e tesón, foi impoñéndose os poucos, e con sets ao seu favor de 9-11, 8-11 e 6-11 acabou levando a vitoria ao marcador do Pontevedra.

Co partido costa arriba Martín Pintos non puido impoñer o seu xogo, e perdeu 3-0 ante Martín Betancor, 5-11, 7-11 e 11-13, o que deu a vitoria final ao Visit Pontevedra, que pasa ocupar a 5ª posición da táboa con 8 puntos, mentres o Vincios cae á 6ª praza con 7 puntos.

Este venres, ás 18:00 no IES Terra de Turonio en Gondomar, dispútase a 7ª xornada cun interesante partido AD Vincios Gondomar- ASSA Alacante.

Anuncios