Nigrán aproba a súa primeira ordenanza de normalización lingüística

A corporación de Nigrán aprobou por unanimidade no pleno ordinario deste mediodía a primeira ordenanza de normalización lingüística do Concello, unha moción do goberno local na que se acorda potenciar o uso do galego na actividade municipal e adoitar medidas para que non se produza ningunha discriminación por razón da lingua que un empregue nas súas comunicacións (tanto orais como escritas co Concello de Nigrán ou coas empresas adxudicatarias de contratos). “Basicamente é reflectir por escrito algo que xa vimos facendo, como por exemplo realizar as convocatorias en galego, que o coñecemento do galego sexa imprescindible nas probas de acceso ao emprego público ou que os expedientes se tramiten en galego. Era algo que precisabamos ter normativizado”, sinala o alcalde, Juan González. Dita ordenanza foi realizada pola técnica en normalización Andrea González coa que o Concello de Nigrán contou o último ano grazas a unha subvención da Deputación de Pontevedra.
25-N