Sin categoría

Unha explosión de gas deixa danos materiais nunha vivenda en Nigrán

Unha explosión de gas provocou danos na estrutura dunha casa en Nigrán, sen que ningunha persoa resultase ferida. Sucedeu na rúa de Tomás Mirambell, uns minutos antes das 20:45 horas da pasada tarde.

Foi unha persoa particular quen deu a voz de alarma ao 112 Galicia e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros do Baixo Miño, ao GES do Val Miñor, á Policía Local e a empresa subministradora do gas.

Unha vez na vivenda, os servizos de emerxencia comprobaron as zonas afectadas e levaron a cabo as tarefas de ventilación correspondentes.