Nigrán participa na “Estratexia de Inclusión Social de Galicia” cun curso de carnicería

O Concello de Nigrán participa cunha nova iniciativa na “Estratexia de Inclusión de Galicia 2014-2020” ofrecendo un curso de carnicería na Praza da Abastos da Ramallosa a cargo do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar (financiado a través do Fondo Social Europeo) e dirixido a formar persoas en risco de exclusión co obxectivo de aumentar a súa empregabilidade. O alcalde de Nigrán, Juan González, a concelleira de Desenvolvemento Local e deputada provincial Raquel Giráldez e o edil de Abastos e Mercados, Alfonso Vázquez, asistiron esta mañá a este curso que se iniciou o luns con 15 alumnos do Val Miñor seleccionados desde o Equipo pola Estratexia de Inclusión do Val Miñor e que consta de 100 horas de formación teórico-prácticas. Durante o mesmo aprenderán a acondicionar a carne para a súa comercialización, como almacenala e expedila, a elaborar produtos cárnicos frescos e, ademais, obterán o carné de manipulación de alimentos.

2019-11-21 - Carniceria (1)