Continúa o “Novembro Lila” de Baiona cun contacontos e a visita dos Bolechas

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona continúa coa programación do “Novembro Lila”. Este venres ás 18:00 horas a Biblioteca Municipal acollerá un contacontos a cargo de Ana Carreira, titulado “Eu non quero”.

E o sábado 23 haberá unha visita moi especial que non acontece todos os días. Unhas personaxes coñecidas polas crianzas chegarán a Baiona para presentar o libro “Os Bolechas visitan as escolas de Baiona. O bo trato”. Este libro é un proxecto que agocha un gran traballo da equipa do CIM de Baiona para transmitir dunha maneira axeitada ás idades temperás un tema tan importante coma é a violencia machista.

Se o tempo o permite os Bolechas farán un pasarrúas dende a rúa Carabela Pinta até o Auditorio V Centenario, onde as crianzas poderán sacarse fotos con eles e elas e levarse un exemplar do libro. Estarán acompañados polo ilustrador Pepe Carreiro, que firmará os libros e fará un debuxo moi especial para recordar a visita dos Bolechas a Baiona.

Anuncios