As concelleiras de Servizos Sociais do Val Miñor reuníronse este martes co xerente de Avelaíña, Rafael Álvarez, para coñecer as instalacións situadas no Concello de Baiona e programas que desenvolven nas mesmas, así como as súas propostas e necesidades.
O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e a concelleira de Servizos Sociais, Accesibilidade e Mobilidade, Concepción Vara, mantiveron a semana pasada unha reunión co equipo de profesionais da Unidade Mental situada no Centro de Saúde do Val Miñor, onde entre outras cuestións indicóuselles que grazas á Asociación Avelaíña contaban cun soporte que consideraban fundamental e necesario para a continuidade de certas intervencións, sendo conscientes das limitacións que soportes como estes están infravalorados e carentes de recursos necesarios para obter un óptimo servizo.
Estas visitas a entidades que desenvolven programas e servizos, é unha continuidade do que as concelleiras do Val Miñor están a levar a cabo, no seu compromiso de coñecer de primeira man o funcionamento e a estimación do traballo que se realiza en toda a comarca para valorar o tecido de apoio a toda a poboación.

