A Comunidade de Montes de Camos convoca Asemblea Xeral Extraordinaria

O Presidente da Comunidade de Montes de Camos convoca aos comuneiros á Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará na Casa da Cultura de Camos o día 24 de novembro, domingo, ás 10:00 horas en primeira convocatoria e ás 12:00 horas en segunda convocatoria, para tratar os seguintes puntos do Orde do Día:

1- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2- Información dos anteriores acordos aprobados e o seu estado actual.
3- Información das vindeiras plantacións xa expostas e aprobadas.
4- Achega da derradeira oferta de Telecom Ibérica e aprobación se procede.
5- Convocatoria de eleccións.
6- Apertura de concurso para adxudicar a explotación da cafetería da CC.
7- Rogos, preguntas e outras consideracións.

Tres días antes da Asemblea, estará a disposición de todos os comuneiros toda a documentación relativa á orde do día na sede social da Comunidade.

Anuncios