O Cereixa vence ao Balona Linense na súa primeira visita a Gondomar

Partido contra o Bepainter Shop Balona Linense FS, equipo que a tempada pasada xogaba na primeira galega e na súa primeira visita a Gondomar fixo un partido moi completo ante un Coperfi Cereixa FS serio e coas ideas claras de como tiña que sacar adiante o encontro. A primeira parte transcorreu co dominio dos locais, aínda que non sería ata o minuto 15 cando chegaría o segundo gol, e o dobrete de Álex para que os locais puideran ampliar a diferenza no marcador e marchar co resultado de 2-0 ao descanso.

A segunda parte empezou da mesma maneira que rematara a primeira e os locais seguían sen dar ningunha opción. Froito do traballo en equipo chegaría o terceiro obra de Gabri e pouco despois recortaría a diferenza o equipo visitante para que os de Gondomar reaccionaran con ambos goles de Rubén e Esteban para o 5-1 definitivo.

Toca un día de descanso para que a partir do luns o Cereixa empece a preparar a próxima saída á casa do líder da categoría.

Anuncios