Anxo Uzal, medalla de ouro no Campionato de España por Comunidades Autónomas

O baionés Anxo Uzal fíxose este fin de semana cunha medalla de ouro no Campionato de España por Comunidades Autónomas, que tivo lugar o 15 e 16 de novembro nas instalacións do Consejo Superior de Deportes de Madrid, en 65 kg. A Selección Galega de Loitas Olímpicas proclamouse campioa de España por Comunidades Autónomas por segundo ano consecutivo.

O equipo que representou a Galicia nesta competición nacional foi Rafael Álvarez (San Ignacio), Damián Iglesias (Touro) e Arón Ayude (Ayude) en Libre Olímpica; Cristina Alves (Ciudad de Vigo), Lydia Pérez (Pontevedra) e Nerea Pampín (Keltoi) en Libre Feminina; e Anxo Uzal (Sabarís), Santiago Sánchez (Keltoi) e Nicolás López (Lugo) en Grecorromana. Tamén acudiron os árbitros Ángel Amor e Marcos Araujo e os técnicos Rubén Méndez, Marcos Miragaya e Pablo Pintos.