Gondomar abre expediente sancionador a dúas empresas por incumprimento de contrato

O goberno municipal de Gondomar vén de abrir expediente sancionador ás empresas que executan obras de reforma nas estradas de Sequeirós e Borreiros. Segundo informa o alcalde, Paco Ferreira, ambas as dúas empresas adxudicatarias incumpren contractualmente o período de execución, prego de licitación e a oferta presentada polas mesmas. “Ditas obras deberían estar finalizadas e seguen sen estalo, causando un prexuízo á veciñanza innecesario, por iso é polo que a administración contratante debe dirimir responsabilidades sen vacilar”, conclúe Ferreira.