A Obra Social “laCaixa” vén de doar 4.000 euros ao Concello de Gondomar para a adquisición de alimentos. A Concellería de Benestar Social, dirixida por Nuria Lameiro, será a encargada de repartilos -como cada mes- entre os veciños/as do municipio con menos recursos económicos. “Fundamental o labor dos voluntarios/as que colaboran desinteresadamente neste labor”, destacou o alcalde, Paco Ferreira.
A Obra Social “laCaixa” doa 4.000 € a Gondomar para a adquisición de alimentos

