Arranca en Baiona a campaña “En negro contra as violencias”

Hoxe comezou a campaña “En negro contra as violencias”, á cal Baiona se adheriu por primeira vez. Todo o concello tinxirase de negro como mostra de repulsa á violencia exercida cara ás mulleres. Son máis de 140 establecementos de diversos sectores os que se suman a esta campaña ademais de todo o colectivo escolar e asociacións de todo o municipio. Un paso cara unha sociedade comprometida coa loita contra a violencia. Dende a Concellería de Igualdade teñen que agradecer a implicación do alumnado do FP de Animación sociocultural do IES 1° de Marzo, a toda a comunidade educativa, ás asociacións, establecementos, ATSA e Galisur xa que sen a súa colaboración todo isto sería imposible.

Anuncios