A Xunta rectifica e recoñece San Roque de Camos como festivo local no 2020 en Nigrán

O Concello de Nigrán celebra que a Xunta de Galicia finalmente rectificase a súa posición publicando oficialmente no BOP de hoxe San Pedro e San Roque de Camos como festivos locais no vindeiro ano, 29 de xuño e 24 de agosto respectivamente. Deste xeito, no 2020 será a primeira vez na historia do municipio que San Roque de Camos se celebre como festivo local ante a coincidencia de San Fiz en sábado e ao ser declarado San Xoán festivo autonómico. Precisamente, ante esta probabilidade, o pleno do 26 de xullo de 2018 estableceu por unanimidade San Roque de Camos (24 de agosto) como a segunda alternativa válida de festivo local en Nigrán (paralelamente referendouse nesta sesión que os festivos tradicionais e preferentes na localidade son San Pedro o 29 de xuño e San Fiz o 1 de agosto, sendo a primeira alternativa a estes San Xoan o 24 de xuño e San Roque de Camos o 24 de agosto como segunda opción).

Así, conforme ao referendado neste pleno, o Concello de Nigrán comunicara por escrito o pasado 2 de outubro á Consellería de Economía, Emprego e Industria a súa decisión de establecer finalmente San Pedro e San Roque como festivos locais no 2020. Sen embargo, pese ao Concello a cumprir en tempo e forma, dende á Xunta insistían en invalidar a decisión adoitada co voto favorable de toda a corporación, pretendendo impoñer os mesmos festivos que este ano 2019, o que na práctica significaría que os veciños de Nigrán serían os únicos de Galicia en desfrutar dun único festivo local e non dous, circunstancia que o goberno local denunciou publicamente.

“Eliximos San Roque de Camos por ser unha data con gran arraigo no municipio, non foi un capricho, toda a corporación así o considerou, así que celebramos que finalmente a Xunta respecte o acordado polo Concello e acate a nosa decisión, o contrario sería un agravio a toda a veciñanza”, conclúe Juan González, alcalde de Nigrán.

Anuncios