Teatro en galego no Auditorio V Centenario de Baiona

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona informa da actividade de teatro en galego que terá lugar o domingo 17 de novembro, ás 19:00 horas no Auditorio V Centenario con entrada libre.

“O Rueiro das Liortas” é unha peza teatral da compañía Elefante Elegante que desde a sátira presenta o retrato dunha sociedade inzada de estereotipos de xénero e comportamentos sexistas. Baséase na comedia do arte e no teatro popular para afondar nas relacións de parella e nas dificultades para manter vivo o amor.

Dirixida a todos os públicos, a partir dos 8 anos de idade, esta actividade vén da man da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello de Baiona.

Anuncios