Baiona abre o prazo para participar no Programa de Conciliación Nadal 2019

FOTO: PEPE COSTAS

O Concello de Baiona abre hoxe o prazo de inscrición para participar no Programa de Conciliación Nadal 2019. Dirixido a menores de 3 a 12 anos, desenvolverase no CPI Cova Terreña nas seguintes datas: 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro e o 2, 3 e 7 de xaneiro en horario de 9:00 a 14:00 horas; non obstante por necesidade das persoas proxenitoras poderán acceder ao programa de 8:00 a 9:00 horas e saír de 14:00 a 15:00.horas.

O Programa de Conciliación Nadal 2019 é un programa promovido pola Concellería de Igualdade a través do Centro Municipal de Información á Muller, que ten como obxectivo a conciliación da vida familiar e laboral e ao mesmo tempo facilitar un espazo educativo e de entretemento para os nenos e nenas, favorecendo o seu desenvolvemento integral. A actividade é cofinanciada polas familias participantes e o Concello de Baiona.

As bases que regulan a convocatoria poden descargarse da páxina web do Concello de Baiona, do taboleiro electrónico ou recollelas no Rexistro do Concello. Para calquera aclaración poden contactar no 986 35 75 54 no CIM.

Anuncios