Charla sobre a depresión, ansiedade e TDAH na idade infantil e adolescente en Nigrán

Volven as charlas organizadas pola ANPA Humberto Juanes dentro do seu proxecto Escola de Nais e Pais. Este venres, día 15, será a primeira do curso, sobre a depresión, ansiedade e TDAH na idade infantil e adolescente. Os temas para tratar serán por que hai tantos nenos actualmente con TDAH, depresión e ansiedade, casos de éxito en persoas con TDAH e pautas para mellorar a convivencia no día día. A charla, que estará impartida por Lucía Lourido, consultora mindfulness e autora do libro “Frente al TDAH, más meditación, menos medicación”, comezará ás 19:00 horas no Auditorio Municipal de Nigrán, con entrada libre.