O PP de Gondomar volve advertir do mal estado do parque infantil de A Feira

O pasado xoves 17 de outubro o Pleno do Concello de Gondomar aprobou unha moción do Partido Popular na que se pedía que de maneira urxente, se fixeran os arranxos necesarios para garantir a seguridade dos usuarios do parque de A Feira, delimitando e impedindo o paso de usuarios ás zonas perigosas. En dita moción tamén se pedía un plan de obras e que o concelleiro delegado de Parques, Xardíns e Espazos Públicos informase ao pleno da corporación municipal, na súa vindeira sesión, das actuacións levadas a cabo para garantir a seguridade dos usuarios do parque de A Feira e a presentación dun plan de obras para o seu arranxo.

No mesmo pleno celebrado hai dúas semanas o alcalde Francisco Ferreira recoñeceu que o parque atópase nun lamentable estado e comprometeuse a levantar todo durante a semana que xa pasou, cousa que xa falara co concelleiro de Parques. Pasado o tempo, Julio Fernández, concelleiro do Partido Popular, vén de comprobar que o parque atópase aínda en peores condicións, polo que acusa ao alcalde de mentir descaradamente ao pleno sen ningún pudor. “Por desgraza estamos acostumados a que o alcalde minta ao pleno, pero o peor é que está mentindo a todos os veciños e xogando coa seguridade dos cativos”, afirma o concelleiro do PP gondomareño.

Durante unha visita feita ao parque este domingo púidose comprobar que a caseta de xogos segue rota, faltan aínda mais traveseiros de madeira, os farois seguen rotos e cos cables ao descuberto, faltas de lousas de pedra, fontes e estanques rotos, etc. “Pensamos que é importante conservar os parques que temos, sobre todo cando falamos da seguridade dos cativos e dos usuarios dos mesmos. Non podemos agardar a que haxa unha desgraza para que despois teñamos que lamentarnos”, matiza o concelleiro do PP gondomareño.

Por todo isto o Partido Popular de Gondomar esixe ao alcalde e ao concelleiro de Parques, Xardíns e Espazos Públicos que á maior brevidade garanta a seguridade do parque e que se arranxen todos os estragos existentes no parque, polo ben da veciñanza.

Anuncios