Gondomar prepara un flashmob de terror para celebrar a noite de Samaín

O Concello de Gondomar prepárase para celebrar un Samaín terroríficamente divertido e musical no que buscará a implicación do maior número de veciñas e veciños do municipio. Por esta razón, a través da Concellería de Cultura, programouse un Flashmob, claramente fantasmagórico, que se desenvolverá o xoves 31 de outubro a partir das 20:00 horas na Praza da Paradela.

Ao ritmo de temas como “Thriller”, “El Fantasma de la Ópera” ou “GhostBusters” algo máis dun centenar de persoas poñerán en escena a coreografía programada para a ocasión, na que participan as tres escolas de danza da localidade L´Danzia, Asociación de Danza Paradela, e Asociación de Danza Gondomar. Unha posta en escena que compartiron xa en redes e a través de internet (https://vimeo.com/369155626) co fin de que grandes e maiores sómense a esta iniciativa.

Para quentar o ambiente antes do baile, nas antigas instalacións do matadoiro programáronse actividades de animación infantil. Pensando nos máis novos do municipio desenvolveranse obradoiros como a confección de chapas, de maquillaxes terroríficos ou pintacaras todo iso nunha contorna perfectamente ambientada para a ocasión, lembrando en todo momento aos alí presentes a celebración de Samaín.

As actividades están abertas a todo o público e desenvolveranse entre as 18:00 e as 20:00 horas da tarde.

Anuncios