Sin categoría

Baiona súmase por primeira vez ao convenio entre Xunta e Fegamp para o control da velutina

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente, acaba de unirse ao convenio entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para a coordinación de accións no desenvolvemento do Programa Galego de Vixilancia e Control contra a Avespa Asiática (vespa velutina).

A Xunta de Galicia comezou a instalar as 86 trampas que se colocarán no municipio de Baiona. Trátase unha proba piloto posta en marcha este ano pola administración autonómica co fin de mellorar o trampeo, xa que se trata dun trampeo xeolocalizado, cada trampa leva un código identificativo para o seu seguimento. Un trampeo baseado na localización das colonias do ano anterior, priorizando estes lugares e as zonas de colmenares.

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, destaca que “mediante este acordo trataremos de poñer ao dispor dos veciños e a veciñas información, ademais de coordinar co goberno autonómico a retirada de colmeas”.

A Xunta conta desde 2020 cun plan centralizado de loita contra a vespa velutina, que avanza cada ano coa implantación das novas tecnoloxías para habilitar novas formas de contacto coa cidadanía, complementarias ás chamadas ao teléfono 012. Por exemplo, a aplicación Controlvelutina, que os efectivos de Seaga empregan para xestionar os avisos introducindo en tempo real os datos de xeolocalización e fotografías do niño, as observacións de cada caso e o resultado final.