Alberto Meira encara o Rallye Recalvi San Froilán en plena liza polo subcampionato

Penúltimo envite da tempada para Alberto Meira, José Murado e o Citroën DS3 R5, que participarán en Lugo con motivo do Rallye Recalvi San Froilán. O conxunto chega á cidade amurallada con moita enerxía despois de pelexar o triunfo ata o último tramo no pasado Ribeira Sacra.

Nun rallye sempre complicado como é o “Sanfro” e ademais sendo a última proba de máximo coeficiente, o piloto de Vincios ten claro que todo o que sexa terminar por diante do seu rival directo faríalle chegar con vantaxe á última cita do campionato, o Rallye Recalvi Mariña Lucense.

“Este rallye vai ser moi duro, con tramos rápidos e que se ensuciarán moito para as segundas pasadas. Hai poucas variacións no percorrido respecto ao ano pasado, así que trataremos de apertar sobre territorio coñecido. O San Froilán afai decidirse por diferenzas mínimas así que non debemos durmirnos e saír ao 100% desde o primeiro quilómetro”, indicaba o piloto gondomareño.

Unha vez máis, Alberto Meira tratará de alcanzar a ansiada vitoria, nunha proba que aínda falta no seu palmarés, quedándose ás portas do triunfo en 2016 e 2017.

A cita lucense será clave nas aspiracións do equipo AMF Motorsport, tanto para a clasificación xeral como para a súa imaxe, para obter os apoios necesarios para unha nova tempada que practicamente está ao virar a esquina e para a cal o equipo xa se atopa traballando.