Xavier Rodríguez, até a data responsable de política institucional no consello local do BNG de Nigrán, releva a Adrián Rei, que dimite por motivos persoais tras catro anos como responsable local da asemblea nacionalista. Esta renuncia cínguese a motivos estritamente persoais e non políticos, xa que continuará participando na formación.
Xavier Rodríguez será o responsable de dirixir a organización local até a renovación de organismos na Asemblea Nacional do BNG. Entre outras, Xavier terá que afrontar dous procesos electorais e definir unha estratexia local no novo escenario no que o BNG está fóra da corporación local.
Xavier vén avalado por 8 anos como portavoz municipal e toda a asemblea por unaniminade aprobou o seu nomeamento.

