O nigranés Joaquín Chamorro revalida o título de Campión Galego de Autocrós

Este sábado disputábase na localidade de Rianxo a cuarta e última proba do Campionato de Galicia de Autocrós 2019. Á cita presentábanse varios pilotos con opcións de conquistar o título de Campión Galego, sendo o nigranés Joaquín Chamorro quen se facía novamente co título de Campión Galego de Autocrós, renovando así o campionato xa conseguido na tempada anterior.

Catro foron este ano as citas valedoiras para o campionato, disputadas todas nos circuítos de Rianxo e de Carballo. O valente piloto nigranés, conseguiu a vitoria en dúas das citas, sendo cuarto e segundo nas outras dúas, o que ao cabo lle valeu para condecorarse por segundo ano consecutivo co cordón galego.

No caso de Chamorro, a xesta ten máis mérito se cabe xa que o fixo a bordo dun dos vehículos Kincar que el mesmo encárgase de fabricar no seu humilde Taller en Nigrán, Motos Kasko.

Deseñado desde cero e fabricados de maneira artesanal por Joaquín, os Kincar Galegos gozan dun gran prestixio en todo o territorio nacional, xa que están homologados pola Real Federación Española de Automobilismo e son varios os pilotos de altísimo nivel que optaron por conducir un bólido nigranés esta tempada.

Este novo logro deportivo, é o merecido premio a unha longa tempada na que o bravo piloto galego tivo que malgastar horas e horas de traballo e suor para que a súa máquina artesanal estivese ao nivel necesario para gañar o campionato.

Anuncios