Gondomar acolle os actos do día mundial contra o cancro de mama no Val Miñor

O Concello de Gondomar sumarase mañá, sábado 19 de outubro, ao día mundial da loita contra o cancro de mama, iluminando a fachada da Casa do Concello de cor rosa. Ademais, ás 21:00 horas, a Praza da Paradela acollerá o acto organizado pola Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro do Val Miñor, no que se lerá un manifesto, e no que participarán os alcaldes de Baiona e Nigrán.