Unha persoa excarcerada tras saírse da vía co seu vehículo en Baiona

Un vehículo saíuse da vía en Baiona ao fío das 20:45 horas da pasada tarde. Un turismo saíuse da vía e quedou envorcado preto da saída da autopista. Como consecuencia do impacto, unha persoa resultou ferida e foi evacuada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Foi a esa hora, cando unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para pedir axuda, indicando que o ferido atopábase atrapado no interior do vehículo. Deste xeito, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros do Porriño e Vigo, dos servizos sanitarios, dos axentes de Tráfico e Policía Local, aos membros do GES de Val Miñor.

Así pois, unha vez liberada a persoa foi atendida no mesmo lugar polos profesionais sanitarios e trasladada ao centro hospitalario.